18/05/2016 [00:10:00] [5.73 MB]
O pasado luns coñeciamos en Radio Cerna as motivacións que levaron ao Papa Francisco dedicar a súa primeira encíclica ao "coidado da casa común", é dicir, á Ecoloxía. Hoxe imos abordar co profesor en teoloxía moral, Gonzalo Varela, as ideas ecoloxistas chave que o pontífice quixo transmitir aos cristiáns e non crentes hai un ano, na súa encíclica "Laudato Si".
16/05/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste mes de maio cúmprese un ano desde que foi publicada a encíclica ecoloxista do Papa Francisco, "Laudato Si". Por este motivo, neste espazo abordaremos co profesor de teoloxía moral, Gonzalo Varela, as orixes da filosofía e teoloxía ecoloxista propugnada polo Papa Francisco e tamén as motivación que o levaron a escribir esta reflexiva e extensa obra a prol da defensa da Terra.
13/05/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste espazo de Radio Cerna atoparás un resumo da actualidade ambiental de Galiza máis relevante da última semana. Non o perdas!
10/05/2016 [00:10:00] [5.75 MB]
Unha normativa de 2012 que entrou en vigor no pasado mes de novembro obriga a cumprir novos requerimentos para poder facer uso dos praguicidas ou fitosanitarios na agricultura convencional. Entre as exixencias atópase a disposición dun carné de manipulador de fitosanitarios para poder ter acceso a certos produtos químicos. Pero non toda persoa que teña contacto coa actividade agrícola debe cursalo. Falamos cun especialista para que nos clarexe esta cuestión e tamén cales deben ser as limitacións do uso de praguicidas.
09/05/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
O patrimonio tamén se atopa baixo as augas. A arqueoloxía submariña e/ou subacuática no noso país realízase en obras públicas, en casos de espolio ou como materia de investigación. Neste espazo, convicamos a unha empresa que se dedica a rastrexar os fondos mariños e fluviais de Galiza na busca de elementos patrimoniais para que nos conte que hai debaixo das augas galegas.
06/05/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Coñece as novas ambientais máis sobresaíntes da semana aquí, en Radio Cerna!