07/09/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Este sábado é o vixésimo aniversario dunha das catástrofes ambientais máis relevantes de Galiza: a avalancha do vertedoiro de Bens (A Coruña). Daquela catástrofe, na que ademais morreu unha persoa, xordeu o Plan de Residuos de Nostián que aínda está vixente hoxe en día. Pese a estar baseado na reciclaxe e na compostaxe e estar afastado da incineración, segue a ser un modelo con resultados pobres e moitas deficiencias. O daquela coordenador da Plataforma pola Reciclaxe da Coruña, catedrático de Enxeñería Química e membro do colectivo ecoloxista ADEGA, Manolo Soto Castiñeiras, descríbenos cales son esas deficiencias que aínda se poden superar para acadar cotas de reciclaxe moi superiores no concello e bisbarra da Coruña.
05/09/2016 [00:10:00] [5.75 MB]
A Asociación Véspera de Nada trasladou aos grupos parlamentarios de Galiza a revisión do informe "Os límites do crecemento" publicada en abril deste ano para promover unha Comisión interpartidaria galega para analizar os límites do crecemento do país. O documento orixinal, procedente de 1972, establecía tres escenarios posibles para o século XXI. A revisión actual do documento conclúe que nos atopamos hoxe en día no peor dos escenarios posibles.
02/09/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Logo do descanso estival, volve Radio Cerna co boletín informativo ambiental de cada semana e moitos máis espazos con toda a actualidade ecoloxista e medioambiental do país. Benvidos/as de novo!
29/07/2016 [00:10:00] [5.73 MB]
Escoita un novo espazo de Radio Cerna dedicado á actualidade ambiental e cultural do país. Radio Cerna fará un descanso durante o mes de agosto pero volverá no en setembro con máis espazos sobre medio ambiente, ecoloxía e cultura de Galiza! Feliz verán!
27/07/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
En Galiza, cada 5 días abandónase unha aldea. O envellecemento da poboación, a migración da xente cara as vilas ou cidades, a falta de oportunidades para instalarse no rural e vivir nel son algunhas das causas que están detrás deste abandono. Aínda así, atopamos algunha experiencia de recuperación de aldeas abandonadas que merecen ser coñecidas. É o caso da aldea de Vieiros de Quiroga, na Serra do Courel. Neste espazo coñecemos o proxecto da man dun dos seus refundadores e habitante do lugar.
22/07/2016 [00:10:00] [5.73 MB]
Presentámosche algúns dos aspectos máis relevantes da a actualidade ambiental da semana en Galiza nese espazo. Escóitanos!