17/10/2016 [00:10:00] [5.77 MB]
ADEGA e a Federación Ecoloxista Galega presentan alegacións contra unha planta de biomasa en Curtis, en tramitación, que excede o límite de potencia establecido pola lei vixente. As entidades ecoloxistas consideran este proxecto como a antelasa do modelo de plantas de biomasa que no futuro pretende favorecer a Xunta de Galiza: sen límites de potencia e baseadas nos cultivos enerxéticos, predominantemente de Eucaliptus nitens, de plantas exóticas e crecemento rápido.
14/10/2016 [00:10:00] [5.72 MB]
Repasamos a actualidade ambiental de Galiza en 10 minutos. Non o perdas!
10/10/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
A Red estatal en Transición chegará a Galiza a finais deste mes co I Encontro en Transición e Decrecemento que se celebrará en Galiza. O obxectivo principal deste foro será reunir e poñer en contacto todas as iniciativas e proxectos galegos que estean en sintonía co movemento en Transición, aquel que ofrece resiliencia fronte ao colapso social, ambiental e económico ao que nos leva o crecemento continuo da produción. A Asociación Véspera de Nada será unha das organizadoras deste evento que terá lugar entre o 29 e 31 de outubro, en Betanzos (A Coruña).
07/10/2016 [00:10:00] [5.75 MB]
Coñece as novas ambientais máis relevantes da semana aquí no teu país!
05/10/2016 [00:10:00] [5.73 MB]
A nosa árbore máis emblemática, o carballo, está de noraboa. Segundo unha tese da Escola Politécnica de Lugo, da USC, tanto o carballo común como o cerquiño ou rebolo teñen mecanismos que lles permitien resistir ante circunstancias adversas relacionadas coa mudanza climática. O autor da investigación, Gonzalo Pérez Lis, descúbrenos cales son eses mecanismos.
03/10/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Poder aproveitar os recursos propios da aldea á que se lle quere devolver a vida á fundamental. Baixo esta premisa nace o proxecto de recuperación da aldea de Rebordechán (Crecente) por iniciativa da cooperativa "O Tempo da Aldea". O proxecto está rematado no papel, agora fai falla o impulso financeiro para poñelo a andar. Coñecémolo neste espazo de Radio Cerna!