14/11/2016 [00:10:00] [5.78 MB]
"Contra viento y marea" é como se chama o informe da ONG Oxfam Intermón que dirixe ao goberno español para que cumpra os seus compromisos de investimento para a mitigación dos efectos do cambio climático nos países máis pobres. Facendo cálculos e tendo en conta prazos, a ONG conclúe que o goberno español non ten vontade de facer fronte ás súas responsabilidades perante os países máis desfavorecidos polas consecuencias do quecemento global.
11/11/2016 [00:10:00] [5.73 MB]
Queres coñecer cal foi a actualidade ambiental da semana en Galiza? Este é o teu espazo!
09/11/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
ADEGA-Ferrolterra desenvolve unha campaña a prol do uso do transporte público colectivo e da bicicleta, ante a constancia da baixada de usuarios nestas dúas formas de desprazamento urbano e metrapolitano que deberían ser prioritarias.
07/11/2016 [00:10:00] [5.73 MB]
O Foro do Camiño Primitivo vén de denunciar publicamente os efectos que terá para o futuro da protección dos Camiños a Santiago unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que denega un recurso presentado por esta plataforma contra a delimitación oficial da vía xacobea primitiva. A sentenza resolve que existe un baleiro legal sobre baixo que criterios deben delimitarse os trazados dos camiños de peregrinaxe a Santiago e descataloga como criterio principal a seguir a autenticidade e historicidade dos Camiños. Este espazo acolle a valoración que fai o Foro do Camiño deste fallo doTSXG.
04/11/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Coñece con Radio Cerna a actualidade ambiental en Galiza! Tan só en 10 minutos facemos repaso das novas máis sobresaíntes na última semana.
02/11/2016 [00:10:00] [5.74 MB]
Logo dos proxectos de vertedoiro de Trazo e Ordes, chega o proxecto do "Centro de xestión ambiental" de Lousame, o terceiro vertedoiro máis grande en dimensión de Galiza e que estaría colocado a carón da planta de compostaxe do Barbanza. ADEGA alegou contra a autorización ambiental deste proxecto por considerar que o agocha un gran macrovertedoiro no que o 80% dos refugallos non recibirían ningunha clase de tratamento e irían a vertido directo.