ADEGA Publicacións

Radio CERNA

Inicio / Libros / 25 Anos de Medio Ambiente e Ecoloxismo na Galiza

25 Anos de Medio Ambiente e Ecoloxismo na Galiza

Varios

Ficha técnica

  • Editorial: Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
  • ISBN: 84-607-2632-0
  • Idioma: Galego
  • Páxinas: 198
  • Prezo: 9 €; para socias/os 6 €

Recolle os relatorios das xornadas realizadas no ano 2000 co obxectivo de relembrar a creación de ADEGA nos anos 60 e as principais loitas ecoloxistas libradas desde entón. O outro obxectivo é realizar unha avaliación da evolución ambiental no noso país ao longo deste cuarto de século. Trátase por tanto dun libro de enfoques plurais e con aportacións diversas, aínda que todos os seus posicionamentos poden ser asumidos pola Asociación.

O ámbito educativo foi un dos que amosou maior receptividade ás novas ideas. Abonda con esta afirmación de Xosé Fraga para entender as dúas traxectorias vitais nas que se sitúan os diversos autores que participaron no proxecto desta publicación, e tamén as ligazóns que se deron e continúan a dar entre elas. Temos por unha banda os científicos ambientalistas, é dicir, aqueles investigadores do medio comprometidos coa realidade ambiental e social por encima de intereses crematísticos particulares, dos que son expoñente nesta escolla Díaz-Fierros, Lizancos Mora ou Xavier Simón. E por outra banda, persoas con decisiva responsabilidade ecoloxista como Ramón Varela, Carlos Vales ou Penas Patiño, que representan un ecoloxismo que asenta as súas actuación na análise científica da realidade natural e social. Velaí como a ligazón entre todos eles radica no compromiso social cunha terra e cun pobo e na ética persoal no desenvolvemento do seu traballo. Nun ou noutro eido, ou en ambos á vez, poderiamos situar aos restantes autores do libro: Xosé Fraga, Costa Morata, Pérez Moreira, ou Manuel Antonio.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal