ADEGA

Delegacións

Formulario de busca
03/10/2014 | A Coruña

Maniféstate con nós contra as touradas e a tauromafia na Coruña

A plataforma Galiza, Mellor Sen Touradas (da que fai parte ADEGA), a Asociación Libera e a Fondation Franz Weber convocamos á cidadanía a participar na manifestación antitaurina da Coruña este domingo 5 de outubro

+info

02/10/2014 | Lugo

Último mes para participar na IV edición dos concursos polo Territorio

O prazo de participación na IV edición dos concursos “Fotografías polo territorio” e “O lugar onde vivo” e o III Certame de “E ti que é o que ves?” entra na súa recta final. Ata o 1 de novembro hai tempo para enviar os orixinais.

+info

30/09/2014 | Lugo

ADEGA-Lugo pide maior vixianza ambiental na cabeceira do Rato

ADEGA manifesta a súa preocupación pola constante acumulación de residuos sólidos urbanos que ano tras ano se atopa nas dúas vertentes do nacemento do río Rato, nas Gándaras e no Ceao. O pasado domingo retirou da zona preto de 1 tonelada de lixo.

+info

03/09/2014 | Ferrolterra-Trasancos

Plano de conservación da lagoa e humidal de Valdoviño: outra oportunidade perdida

A Xunta vai aprobar un Plano de Conservación para o humidal, 5 veces protexido. Lonxe de ser a solución para este degradado espazo, o plano visa transformar a lagoa nun estanque, regulándoa de xeito arbitrario á marxe das necesidades de conservación

+info

27/08/2014 | Ferrolterra-Trasancos

Plataforma polo saneamento integral da ría de Ferrol. Entrega de sinaturas solicitando a xestión pública do ciclo da auga

Membros da Plataforma polo saneamento integral ría de Ferrol (Adega, SGHN, Verdegaia, A. VV El Pilar,..) solicitando no concello de Ferrol a xestión pública do ciclo da auga.

Membros dos colectivos referidos, entregan no rexistro do Concello de Ferrol milleiros de sinaturas solicitando a xestión pública do ciclo da auga en Ferrol. http://cidadansversustanquesdetormentas.blogspot.com.es/

+info

11/08/2014 | Ferrolterra-Trasancos

Concentración reivindicativa contra a contaminación na praia e ría de Cedeira

Cedeira 10.8.2014. Concentración protesta pola contaminación na ría e praia de Cedeira. Convocada por ADEGA, ANOVA, BNG, EU, Galiza Nova, SomosCedeira.

Con importante participación de persoas e importante repercusión nos medios. Información adicional http://somoscedeira.wordpress.com/

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal