ADEGA

Delegacións

Formulario de busca
10/03/2015 | Lugo

ADEGA solicita que se rexeite o Plan de legalización da factoría de Leite Río no Ceao

Esta factoría foi declarada ilegal polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ao estar construída sobre terreos non urbanizables nin de uso industrial e ten pendente de execución unha orde de demolición emitida pola APLU

+info

04/03/2015 | Ferrolterra-Trasancos

ADEGA-Ferrolterra pide o abaratamento dos billetes do autobús.

ADEGA-Ferrolterra vai desenvolver unha acción este xoves 5 de marzo consistente en viaxar no autobús urbano 1-2 dende a Praza do Callao ata Neda ás 19.30 horas e viceversa, para demandar unha mellora do servizo de autobús abaratamento do billete.

+info

02/03/2015 | A Mariña

Medidas urxentes para evitar a destrución do xacemento de Estabañón

Varios colectivos, entre eles ADEGA, demandan medidas urxentes a Costas e Patrimonio para protexer a vila-factoría romana de Viveiro fronte a súa previsible destrución coa chegada de novos temporais.

+info

24/02/2015 | Ferrolterra-Trasancos

ADEGA reclama máis protección para o dique mareal da Cabana e o núcleo histórico da Graña

ADEGA-Ferrol e as AA.VV. da Cabana e da Graña, que forman parte da plataforma Salvemos A Malata, queren manifestar que o acceso ferroviario ao porto exterior pola Malata pon en serio perigo o dique mareal da Cabana e o núcleo histórico da Graña.

+info

23/02/2015 | A Mariña

Solicitada a paralización urxente dunha plantación de eucaliptos en Riotorto por afectar un xacemento romano

Os traballos forestais estanse a desenvolver enriba dunha mina aurífera da época romana

ADEGA e MariñaPatrimonio vimos de advertir ao Servizo de Patrimonio Culturala que no lugar da Muxueira (Riotorto- Lugo) estanse a levar a cabo labores de corta e plantación de eucaliptos enriba dun xacemento aurífero da época romana sen inventariar.

+info

19/02/2015 | Monterrei

Entroido reivindicativo en Laza

A delegación de Monterrei - Salvemos o Támega realizou un acto reivindicativo no entroido de Laza, cunha manifestación a favor do río e en contra dos vertidos realizados nos últimos meses.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal