ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
11/10/2016

A metade da poboación galega respira aire contaminado segundo a OMS

Respiramos aire contaminado con partículas pequenas (PM2,5) con valores superiores aos “valores obxectivo” establecidos pola OMS. Dase o paradoxo que a gran maioría destas medicións estarían dentro da lexislación vixente...

+info

04/10/2016

As metástases de SOGAMA ameazan con inzar de novos macro-vertedoiros o país

Primeiro Trazo, logo Ordes e agora Lousame. Os proxectos de vertedoiros "en B" agroman consonte mingua o espazo nos complexos de Cerceda e As Somozas. Desta volta, tócalle a Lousame: un vertedoiro para case 1 millón de toneladas de residuos...

+info

03/10/2016

Iniciativa pola declaración do Pedregal de Irimia como Monumento Natural

ADEGA e outras organizacións vimos de iniciar unha campaña para sensibilizar sobre a situación do Pedregal de Irimia, lugar de nacemento do Miño, ameazado polos eucaliptos

+info

21/09/2016

´Para evitar dilacións, millor en castelán´: Novo caso de discriminación lingüística da Xunta

ADEGA e A Mesa pola Normalización Lingüística vimos de denunciar un novo caso de discriminación, imposición e chantaxe lingüistica por parte da Xunta na tramitación dun expediente administrativo.

+info

19/09/2016

Cova Eirós, tema de fondo de Sermos-ADEGA nº 7

O número 7 de Sermos-ADEGA preséntanos os valores científicos para a paleontoloxía e a arqueoloxía da Cova Eirós de Triacastela, o Libro da Historia máis recuada da Galiza. Tamén se relata a difícil loita de ADEGA por protexela de forma efectiva.

+info

13/09/2016

Grande parte dos residuos que SOGAMA envía a vertedoiro incumpren os límites legais de contaminantes

ADEGA vén de coñecer os datos analíticos que confirman o sistemático incumprimento dos límites legais de contaminantes nos residuos que SOGAMA envía a vertedoiro. Anos vertendo refugallos que nen sequera poderían saír da planta...

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal