ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Auga e ríos / Novas /

Novas

Formulario de busca
29/07/2014

O proxecto de ENDESA de modernizar os desaugadoiros do encoro da Capela, alonga a vulneración da lexislación hidrolóxica

ADEGA, FEG, Ríos con Vida-AEMS e Verdegaia instan á Administración a condicionar a aprobación da declaración de impacto ambiental a que se garanta o cumprimento do caudal ecolóxico preciso para o normal desenvolvemento da vida no río Eume

+info

17/07/2014

Xunta e ADEGA anovan o convenio de colaboración para seguir desenvolvendo o Proxecto Ríos

10 anos, 3 lexislaturas con diferentes governos e milleiros de voluntarios/as por todo o país avalan o Proxecto Ríos, a iniciativa de voluntariado ambiental e custodia fluvial máis numerosa e extendida na Galiza

+info

27/06/2014

Celebra con nós 10 anos do Proxecto Ríos unindo ríos e persoas

Este 2014 o Proxecto Ríos fai 10 anos. O 29 de xuño queremos celebrar o décimo aniversario convosco, e para iso temos organizada a Festa dos 10 Anos do Proxecto Ríos ao carón do río Tambre na área recreativa de Tapia (Ames). Non faltedes!

+info

07/05/2014

Ribeira Sacra: ou Patrimonio da Humanidade, ou de Iberdrola, GN-Fenosa, construtoras, canteiras...

A falla de protección efectiva e os agresivos proxectos en marcha neste espazo, comprometen a candidatura

A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade está en perigo. Máis encoros, canteiras, autovía A-76, xunto coa desprotección efectiva o abandono do patrimonio natural e cultural perxudican á candidatura. Para a UNESCO non vale todo!

+info

28/04/2014

A Confederación Miño-Sil deixa fóra dos mapas de inundación treitos dos ríos Rato e Neira

ADEGA e RÍOS CON VIDA presentaron alegacións aos Mapas de perigo e risco de inundación encargados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil por usar unha cartografía incompleta e documentación obsoleta.

+info

02/04/2014

Novo manual para a construción e a recuperación de charcas

Xa podes descarregar o manual de construción e recuperación de pequenas charcas editado no proxecto Charcas con Vida. O manual amosa os principais pasos para recuperar ou construír pequenos humidais presentando varios exemplos prácticos.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal