Antonte, ADEGA celebrou onte unha mesa redonda na que se puxo de relevo o impacto ambiental e na saúde das persoas que suporía a instalación dunha gasolineira nas inmediacións do centro comercial de Carrefour de Lugo, a escasos 70 metros do río Miño.
O Manual de Custodia Fluvial pretende ser un documento de referenza no que se traten todas as cuestións ligadas á participación cidadá no coidado e seguemento dos ecosistemas fluviais
ADEGA e a Plataforma sarriana polo río critican en forma e contido o desestimento da Consellaría de medio ambiente do recurso de alzada interposto por ADEGA contra a denegación de inclusión do ameneiral do río Sarria no Catálogo de árbores senlleiras
ADEGA manifesta a súa preocupación pola constante acumulación de residuos sólidos urbanos que ano tras ano se atopa nas dúas vertentes do nacemento do río Rato, nas Gándaras e no Ceao. O pasado domingo retirou da zona preto de 1 tonelada de lixo.
A VII limpeza simultánea de ríos amosa un ano máis a sensibilidade e compromiso ambiental que despertan os nosos ríos. A todos e todas, grazas por coidardes dos nosos ríos!
Queremos uns ríos limpos, queremos poder disfrutar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar á sociedade da necesidade de que estes estean ben conservados
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal