Esta fin de semana únete á IX Limipeza simultánea de praias de Galiza! Destal volta uns 200 voluntarios e voluntarias acudirán ao litoral para retirar residuos dos nosos areais e concienciar sobre o impacto do lixo mariño.
Na AAI (Autorización Ambiental Integrada) aprobada en xuño deste ano, a Xunta permitíu a ALCOA seguir superando os límites de emisión de contaminantes no complexo de San Cibrao. A razón? Os altos custos que suporía para a empresa cumprir coas leis...
A decisión de ALCOA de pechar a planta de San Cibrao sementa serias dúbidas sobre o futuro ambiental da comarca e o destino da balsa de lamas tóxicas, sen un plano de peche e clausura definitivo.
ADEGA retoma neste mes de setembro as visitas de seguimento ás vivendas do concello de As Neves que fan uso do seu composteiro individual.
Case medio século usando o encoro da Capela como vertedoiro deixan pegada no Eume. O baixo nível das augas amosa lamas e refugallos mineiros con alto potencial contaminante no vaso
ADEGA vén de presentar, xunto co colectivo Mina no Cando Non, alegacións ante a Xunta, quen pretende aprobar un permiso de concesión de explotación para un proxecto mineiro sen a debida avaliación de impacto ambiental.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal