ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Contaminación e residuos / Novas /

Novas

Formulario de busca
04/08/2023

Nostián cuadruplica a recuperación de envases de SOGAMA sen necesidade do quinto contentor

Datos de 2021 amosan que a porcentaxe de resuperación de envases do sistema Nostián é do 58,4% fronte ao 15,4% de SOGAMA. Fica claro que o contentor específico (bidón amarelo) que promoven SOGAMA e Ecoembes é un rotundo fracaso.

+info

17/11/2022

ALCOA pide á Xunta poder contaminar máis pola guerra na Ucraína

A multinacional americana quere voltar a usar fuel para a produción de alúmina ante o elevado prezo do gas e pide á Xunta superar os límites de contaminantes, particularmente óxidos de xofre e nitróxeno, fixados na Autorización Ambiental Integrada.

+info

11/11/2022

ADEGA impartirá en Fene o seu derradeiro Curso de Compostaxe en 2022

A formación está financiada pola Fundación Biodiversidade e o Fondo Social Europeo, no marco do Programa Empleaverde para 2021. O curso é gratuíto e vai dirixido a persoas desempregadas.

+info

10/11/2022

Prestige: 20 anos e moitas contas pendentes

Este ano cúmprense 20 dende que un petroleiro fendía e afundía perante nosas costas liberando a súa velenosa carga sobre o ecosistema natural e social de Galiza. O que aconteceu despois xa é historia. Que cuestións fican pendentes 20 anos despois?

+info

20/09/2022

ADEGA rexeita o recrecimento da balsa de lamas de ALCOA e esixe o seu peche coas máximas garantías

ALCOA vén de presentar un novo proxecto de recrecemento do depósito de lamas vermellas. O dique está chegando aos 98m e a empresa quere aumentalo aos 104 para seguir vertendo. Pedimos á Xunta que rexeite novas ampliacións e peche a balsa na cota 100m

+info

15/09/2022

ADEGA realizará o seu terceiro curso de mestría de compostaxe en Tomiño

A formación está financiada pola Fundación Biodiversidade e o Fondo Social Europeo no marco do Programa Empleaverde para 2021. O curso será de balde para o alumnado e vai dirixido a persoas desempregadas, que poderán optar a unha bolsa de emprego.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal