Un pavoroso incendio arrasa arestora o Monte Pindo e leva queimadas máis de 1000 ha. Quenes levamos anos divulgando os seus valores, laiámonos de que a Xunta desatendera o clamor popular para a súa protección. Son tan culpábeis coma os incendiarios!
Este 11 de setembro representantes do movemento ecoloxista galego entregamos no Parlamento dúas iniciativas para a prohibir o cianuro en minaría, e obrigar ás mineiras a contar coas garantías suficientes para afrontar eventuais accidentes.
As reiteradas "intervencións" da Xunta neste humidal protexido fixéronse "ao chou" e sen atender a ningún Plano de Conservación, como esixíu o Parlamento en 2010. Tralo último baleirado, a Frouxeira é hoxe un deserto...
A nova web de ADEGA tenta integrar toda a información que se produce no eido da organización, ser máis funcional para os socios/as e usuarios/as e ofrecer unha imaxe máis atractiva e moderna. Unha nova ferramente para a defensa do país
Este 30 de agosto representantes dos colectivos asinantes do documento "Por unha Asemblea Galega contra o Lume: 10 medidas de país contra a desfeita", entregamos á Xunta máis de 2.500 sinaturas recollidas en poucos días avalando o texto
Por se non foran poucas as agresións que ten sufrido a ría de Ferrol (voaduras, contaminación, recheos...) agora Portos do Estado pretende converter a ría nun centro de abastecemento e trafego de hidrocarburos entre buques, ou "bunkering"
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal