ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Conservación e biodiversidade / Novas /

Novas

Formulario de busca
28/03/2014

Plano Director da Rede Natura: o novo PXOM de Feijóo e Hernández

A Xunta vén de aprobar un Plano Director da Rede Natura con 4 anos de retraso e que pretende tralo verniz dunha falsa protección ambiental "abrir o melón" da especulación nas 390.000 hectáreas da RN2000 galega, a máis cativa en porcentaxe do estado

+info

27/03/2014

Máis pelexos: é a guerra! Granxas de visóns obrando sen licenza nen autorizacións ambientais

O desembarco en Galiza das granxas de visóns vetadas en Europa é xa unha abordaxe en toda regra. Sen rematar o periodo de alegacións, sen licenza nen permisos ambientais, as pelexeiras obran a toda máquina na millor tradición dos feitos consumados

+info

26/03/2014

ADEGA e AGACS esixen responsabilidades a Patrimonio e Conservación no encanamento do río Sarria

ADEGA e a As. Galega de Amigos do Camiño de Santiago esiximos ás D. X. de Patrimonio e d Conservación da Natureza que cumpran a lei e paralisen as obras ilegais de derrubamento da ponte de Toleiro e a tala das árbores incluídas no Camiño de Santiago

+info

25/03/2014

As organizacións ecoloxistas piden á Xunta que remate coa caza de aves en perigo de extinción en Galiza

A conícora (Vanellus vanellus) e a agacha (Gallinago gallinago) poden ser cazadas malia a estar incluidas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas como “en perigo de extinción”

+info

20/03/2014

A Demarcación de Costas e o Concello de Cedeira prevén soterrar unha reserva mariña “antes do verán”

O apuro por lucir unha praia bonita no verán para que os turistas poidan tomar o sol, que implicará o deterioro dunha reserva mariña parece ser a idea que Costas e o Concello teñen de repara danos.

+info

13/03/2014

ADEGA leva ao Comité das Árbores Senlleiras a protección do bosque de ribeira de Sarria

Propón a catalogación do bosque de ribeira do Malecón e illa Toleira como formación arbórea senlleira, o que implica a paralización cautelar de calqueira acción que poida afectar á integridade das árbores.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal