ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
03/08/2021

Proxecto Ríos organiza dúas Noites de Morcegos en agosto

As xornadas sobre os quirópteros e o bosque de ribeira realizaranse os días 5 e 11 de agosto en Allariz e Monforte de Lemos

Proxecto Ríos, programa de voluntariado ambiental en ríos coordinado pola asociación ecoloxista ADEGA, vai realizar neste mes de agosto dous cursos de formación sobre quirópteros e o bosque de ribeira, que se impartirán en dúas “Noites de morcegos"

+info

26/07/2021

ADEGA Lugo da comezo este xoves ás II Xornadas ambientais de verán "Os catro elementos"

A delegación de Lugo de ADEGA organiza un ano máis as xornadas de verán "Os catro elementos". A terra, auga, aire e lume volven a ser os protagonistas das actividades propostas nos meses de xullo e agosto.

+info

21/07/2021

ADEGA esixe ás eléctricas que devolvan o cobrado en exceso polos Custos de Transición á Competencia

ADEGA e outras organizacións ecoloxistas e de consumidores recorren nos tribunais a devolución do cobrado en exceso polos CTC, nun momento no que o prezo da luz bate récord.

+info

14/07/2021

A Xustiza condena a Xunta por negarlle a ADEGA o acceso a expedientes sancionadores sobre plantacións ilegais

O TSXG ratifica a sentenza que obriga á Consellaría de Medio Rural a admitir a ADEGA como parte interesada nos expedientes sancionadores relativos a plantacións ilegais, en aplicación do Convenio de Aarhus e da Lei 27/2006.

+info

07/07/2021

Fragas do Eume: recurtando a Rede Natura para facer sitio ao negocio eólico

O parque eólico Pena do Corvo, ás portas das Fragas do Eume, pretende situarse nunha área de ampliación da RN2000 que Feijóo ten conxelada dende 2011. Non sorprende que sexa de Iberdrola...

+info

03/07/2021

A ría de Arousa rexeita o novo proxecto de explotación para a mina de Touro e esixe a súa restauración

VOLVE A MINA DE TOURO! Ecoloxistas, confrarías, produtores de mexillón, plataformas veciñais e entidades sociais, reiteramos a nosa firme oposición ao proxecto de reapertura da mina

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal