08/10/2021
ADEGA convoca un ano máis a Limpeza Simultánea de Praias, unha xornada de voluntariado ambiental que ten como propósito concienciar á sociedade na loita contra a contaminación mariña. Esta X edición terá lugar durantes os vindeiros 15 e 16 de Outubro
01/10/2021
A Xunta somete a consulta o plano de conservación do Monumento Natural da Fraga de Catasós, 21 anos despois da súa declaración. O texto volta a esquecer as demandas de ecoloxistas e concellos para ampliar e dotar de coerencia a este espazo.
30/09/2021
ADEGA vén de presentar dous recursos de alzada contra senllos parques eólicos de Greenalia recén aprobados. Son como moitos outros, exemplo de fragmentación artificial e danos a especies ameazadas e se a Xunta non recúa, acabarán no contencioso.
28/09/2021
ADEGA e a Fundación Eira lanzan unha campaña para recadar fondos destinados a reparar o tellado da casa da Eira da Xoana, o equipamento de divulgación e formación ambiental e de promoción cultural de ADEGA.
27/09/2021
O domingo 26 de setembro de 2021 realizouse a XIV Limpeza Simultánea de Ríos en 51 concellos de toda Galiza. En cada localidade a actividade foi coordinada por diferentes entidades, chegando ás 67.
23/09/2021
ADEGA vén de trasladar á Fiscalía delegada de medio ambiente do TSXG unha denuncia para que investigue o proceder da Xunta e das concesionarias dos aproveitamentos hidroeléctricos cuxos encoros sofriron recentemente un brusco decenso de caudal.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal