ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
18/11/2021

5+1 falsidades para branquear o eucalipto na actual moratoria

ADEGA pon de relevo varios casos de plantacións ilegais de eucalipto en brañas e hábitats de conservación prioritaria para a UE, que son ignorados pola Administración con argumentos falsos.

+info

13/11/2021

Ecoloxistas e sector do mar da Arousa rexeitamos o novo intento da empresa de reabrir a mina de Touro

A mineira de Touro non deixa de enredar para reverter o rexeitamento administrativo á mina. Desta volta é un "proxecto integral de drenaxe" previo á pretendida reapertura, que segue sen solucionar os pasivos ambientais acumulados nos últimos 30 anos

+info

11/11/2021

A conservación do lobo, en risco pola avalancha de proxectos eólicos

ADEGA trasladou ao Ministerio as propostas sobre a Estratexia de conservación do lobo. Baseadas en datos pretenden mellorar a situación e desactivar conflitos, mais as administracións e a sociedade deben asumir que a protección do lobo é irreversíbel

+info

08/11/2021

Esta fin de semana celébranse as xornadas sobre o legado patrimonial e ambiental dos muros tradicionais

As actividades distribúense nas mañás do sábado 13 e o domingo 14 de novembro. Para participar é necesario inscribirse antes do xoves 11 de novembro.

+info

04/11/2021

O Plano Hidrolóxico da Xunta non dá resposta aos retos do cambio climático

ADEGA vén de facer achegas ao plano hidrolóxico da bacía Galiza-Costa, un documento que está lonxe de dar resposta aos efectos da mudanza climática sobre os nosos ecosistemas humidos

+info

30/10/2021

A Xunta financia a manipulación dos máis cativos sobre as "bondades" do eucalipto

ADEGA asiste alarmada á última campaña “educativa” que está a desenvolver o lobby do eucalipto nos centros de ensino públicos de Galiza e advirte aos docentes e á sociedade galega en xeral da intención desta campaña.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal