09/03/2022
A Serra do Xistral alberga 29 parques eólicos e concentra o 55% da potencia instalada na Rede Natura 2000. Por se fora pouco, agora pretenden construir unha central de bombeo en caverna de case 1 GW. Somos carne de canón para as eléctricas!
26/02/2022
Poñemos en marcha un programa de voluntariado ambiental para contribuír á conservación participada dos humidais e da flora ameazada mediante actuacións de divulgación, voluntariado ambiental e ciencia cidadá.
25/02/2022
Diante dos últimos acontecementos que se están a desenvolver na Ucraína e o Donbass, ADEGA súmase ao rexeitamento social á guerra e ás reclamas da Plataforma Galega Contra a OTAN.
25/02/2022
A asociación ecoloxista ADEGA, xunto co voluntariado de “Noia Limpa”, realizará este sábado, 26 de febreiro, unha recollida de cabichas e restos de tabaco na vila de Noia.
15/02/2022
ADEGA e a PDCC veñen de recibir notificación do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) pola que se dá conta da admisión a trámite dos recursos contencioso-administrativos interpostos contra a autorización de tres parques eólicos de Greenalia.
08/02/2022
En xuño de 2021 o Ministerio acordou paralisar a admisión de novos parques eólicos mariños mentras non se aprobara un marco nomativo propio para o sector. Porén, en novembro pasado ano admitíu a trámite un parque de 1,2 GW fronte á costa ártabra...
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal