28/03/2022
ADEGA celebrou onte a súa 46ª Asemblea Xeral de socios e socias na que fixo balanzo do traballo de 2021 e na que tamén acordou as liñas estratéxicas da organización durante 2022. No acto, tamén fixo entrega dos Premios Osíxeno e Dioxina 2020 e 2021.
23/03/2022
Centos de persoas concentráronse esta mañá diante das portas do Parlamento Galego e da Valedora do Pobo para denunciar o recurte de dereitos democráticos da cidadanía galega para favorecer as eléctricas promotoras da actual vaga eólica.
22/03/2022
Este martes 22 de marzo, é o día da Auga, e dende ADEGA Lugo queremos visibilizar a grave situación na que se atopan os ríos por mor da mala xestión do lixo doméstico, e que podemos reverter mudando certos hábitos cotiás.
15/03/2022
A Coordinadora Eólica Así Non acusa ao goberno da Xunta de poñer trabas á cidadanía para acceder aos expedientes administrativos de proxectos eólicos e de dificultar a participación pública no período de alegacións. Presentará denuncia en Europa.
14/03/2022
Suso de Toro e representantes das máis de 30 organizacións e colectivos que conforman a plataforma Galiza pola Paz, compareceu para reclamar a inmediata retirada das tropas rusas e unha resposta diplomática ao conflito bélico na Ucraína.
11/03/2022
Esta xa é a 21ª edición dos premios Osíxeno e Dioxina cos que ADEGA quere subliñar o mellor e o peor do pasado ano desde a perspectiva ambiental e ecoloxista.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal