ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
20/10/2022

Primeiro o COVID e agora a gripe aviaria: a que agarda a Xunta para pechar as granxas de visón?

O recente gromo do virus da gripe aviaria H5N1 nunha granxa de visóns de Carral volta poñer o foco sobre os riscos destas instalacións para o medio ambiente e a saúde das persoas

+info

20/10/2022

Máis de un milleiro de participantes na XI Limpeza Simultánea de Praias

Xuntamos na fin de semana do 14 e 15 de outubro unhas de 1200 persoas voluntarias que retiraron case unha tonelada de lixo dos areais galegos.

+info

19/10/2022

Mesa informativa en Santa Comba sobre os parques eólicos de Greenalia paralizados cautelarmente polo TSXG

ADEGA e a Plataforma non eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural celebrarán mañá en Santa Comba un acto informativo sobre os parques eólicos de Greenalia Bustelo-Campelo-Monte Toural e da súa situación tras os autos de paralización cautelar do TSXG.

+info

17/10/2022

Novo pau xudicial para a Xunta e Greenalia: O TSXG paraliza cautelarmente o PE Bustelo

Este é o segundo parque eólico de Greenalia que o TSXG paraliza cautelarmente dos tres que foron recorridos este ano en vía contenciosa-administrativa por ADEGA e a PDCC. O Tribunal esixe ás entidades recorrentes un depósito de 20.000 euros.

+info

13/10/2022

A Fiscalía investigará á Xunta pola vaga de lumes deste verán

As entidades de “Por un Monte Galego con Futuro”, da que fai parte ADEGA, presentaran en agosto denuncia na Fiscalía contra a Xunta como responsábel. A Fiscalía iniciou dilixencias en base á denuncia presentada en agosto.

+info

11/10/2022

ADEGA Lugo da comezo ao programa de roteiros deste curso 2022/23 "Depredación da natureza ou autosuficiencia"

Este domingo 16 de outubro damos comezo ao programa de roteiros do curso 2022/23 con andainas polas provincias de Lugo e Ourense, reivindicando a necesidade de conservación da biodiversidade, e a soberanía dos pobos para afrontar a crise ecolóxica.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal