25/11/2022
ADEGA presenta denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente contra a anterior Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais por presunta prevaricación e malversación de fondos en relación á tramitación de parques eólicos de Greenalia.
23/11/2022
A “lei de acompañamento” dos orzamentos de 2023 inclúe profundas modificacións do Plano da Rede Natura 2000. Modificar este plano precisaría dun procedemento de información pública e de consultas, trámite que a Xunta quere furtar
18/11/2022
No encontro, ADEGA, GN Hábitat e Marabaixo.gal compartirán as súas experiencias e coñecementos sobre limpezas ecolóxicas de praias ou ecosistemas litorais o sábado 25 de novembro, na sede da asociación cultural Alexandre Bóveda da Coruña.
17/11/2022
A multinacional americana quere voltar a usar fuel para a produción de alúmina ante o elevado prezo do gas e pide á Xunta superar os límites de contaminantes, particularmente óxidos de xofre e nitróxeno, fixados na Autorización Ambiental Integrada.
16/11/2022
A editorial Galaxia doará a ADEGA un 5% da recadación obtida das vendas da publicación "Prestige. 20 anos x 20 voces" como contribución á súa acción altruísta na defensa ambiental de Galiza.
14/11/2022
Centos de propágulos desta perigosa planta invasora están a aparecer en praias das Rías Baixas, á vez que poñen en perigo varias zonas húmidas galegas.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal