ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
04/01/2023

A Xunta renuncia a ingresar máis de 4 millóns de ¤ por non apoiar a estratexia do lobo

Deixará de percibir recursos económicos equivalentes á suma do total investido no lobo nos últimos 6 anos

ADEGA considera unha manobra “trumpista” con graves consecuencias para o rural galego, a negativa da Xunta a apoiar a “Estratexia para a conservación e xestión do lobo e a súa convivencia coas actividades do medio rural” presentada

+info

03/01/2023

2022: O ano da regresión ambiental e democrática polas macro-renovábeis

ADEGA fai unha valoración ambiental moi negativa de 2022 no ámbito galego e vaticina un 2023 moi duro na defensa do medio ambiente galego, tanto nas rúas como nos tribunais, fronte á invasión eólica de terra e de mar.

+info

29/12/2022

ADEGA formou máis de 60 profesionais en compostaxe durante o ano 2022

Finalizado en decembro o último curso de 2022, ADEGA fai balanzo anual do seu programa de formación en mestría de compostaxe.

ADEGA clausurou a semana pasada a última formación de mestría en compostaxe do Programa Empleaverde. Os cursos, dirixidos a persoas desempregadas, contaron cunha alta participación nos catro concellos nos que se celebrou: Ames, Moaña, Tomiño e Fene.

+info

26/12/2022

ADEGA Lugo denuncia que o Concello agasalla árbores vivas como adornos do Nadal

Estes días a área de Medio Ambiente repartiu árbores de Nadal vivas para fomentar o comercio local. Dende ADEGA exiximos transparencia, e se informe da orixe e destino das árbores, así como dos custos xerados pola actuación.

+info

23/12/2022

Os resultados do último censo do lobo non son tan optimistas como anunciou a Xunta

A Xunta debería asumir a protección do lobo en lugar de manobrar para excluilo da Listaxe de especies en réxime de protección especial

ADEGA cuestiona a satisfacción da Xunta ante o anuncio dos resultados do novo censo das poboacións de lobo en Galiza, parabenizándose a si mesma de ter aumentado en tres grupos máis con respeito ao anterior censo (2015).

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal