ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
07/03/2023

Centrais de bombeo en Brión: até 150 anos co río Tambre secuestrado

ADEGA vén de achegar a Augas as súas consideracións aos proxectos de central reversíbel en caverna con balsa artificial de máis de 300 MW, para bombear e turbinar auga do encoro Barrié de la Maza até o ano 2098

+info

06/03/2023

Diante do arquivo das dilixencias previas por parte da Fiscalía de área de Santiago, ADEGA recorrerá á Fiscalía Xeral do Estado

ADEGA traslada á Fiscalía Xeral do Estado a denuncia contra o indulto millonario da Xunta a Greenalia

ADEGA advirte dun posible caso corrupción xeralizado na tramitación de parques eólicos en Galiza

A Fiscalía de área vén notificou a ADEGA o arquivo das dilixencias relativas á denuncia pola modificación ilegal do plan industrial asociado ao proxecto do parque eólico Campelo de Greenalia

+info

02/03/2023

ADEGA apoia a declaración do 9 de marzo como Día do Naturalismo Galego

ADEGA, unha das entidades que apoian declarar o día 9 de marzo, como o Día do Naturalismo Galego, en homenaxe a Padre Martín Sarmiento, e para reivindicar o seu papel nos currículos escolares e universitarios.

+info

02/03/2023

ADEGA Lanza a campaña "Salvemos o pulmón verde de Lugo" en contra da Rolda Leste

Durante o mes de marzo desenvolveranse diferentes actividades de divulgación dos valores ecolóxicos e sociais da zona, así como un debate político.

+info

27/02/2023

ADEGA, FEG e SGHN denuncian na Valedora do Pobo a actitude obstrucionista e antidemocrática da Conselleira de Medio Ambiente

Presentan unha queixa pola reiterada negativa da Presidencia a permitir no COGAMADS o debate sobre as repercusións ambientais do “boom” eólico

Os vogais ecoloxistas no COGAMADS (Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel) vimos de acudir en amparo á Valedora do Pobo para que se nos permita exercer libremente as nosas funcións como membros deste organismo colexiado

+info

16/02/2023

O Ministerio denega unha megacentral de bombeo de Naturgy na Limia alegada por ADEGA

A empresa quería alongar 40 anos a concesión, sen escada de peixes e sen controis de calidade das augas

O Estado vén de denegar a central reversíbel Salas-Cunchas despois de 15 anos de tramitación por negarse Naturgy a cumprir cos condicionantes ambientais impostos, tal como reclamara ADEGA

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal