ADEGA

Delegacións

Formulario de busca
24/07/2014 | A Mariña

Unhas obras de Costas na praia de Arealonga de Foz están a afectar a turbeira galega máis importante

ADEGA e Mariñapatrimonio piden que se protexa este xacemento duns 120.000 anos

ADEGA e Mariñapatrimonio veñen de denunciar ante a Costas, a D.X. de Conservación e o concello de Foz, que as obras que están a realizar na praia de Arealonga están a eliminar un dos xacementos paleclimáticos máis importantes de Europa.

+info

07/07/2014 | Lugo

COUSA DE RAÍCES reivindica o bosque galego como protector do solo

A campaña foi presentada hoxe en Lugo en rolda de prensa

Hoxe, Día Mundial da Conservación do Solo, ADEGA e outros 45 colectivos, presentaron en rolda de prensa en Lugo a campaña a prol do bosque autóctono “Cousa de Raíces”, onde se falou dos beneficios das especies autóconas para a creación de solo fértil

+info

04/07/2014 | Lugo

ADEGA insta ao Concello a retomar o compromiso coa planta de compostaxe de Lugo

A folga dos traballadores/as de Urbaser en Lugo debruzounos bruscamente perante os nosos residuos. ADEGA chama a atención sobre a cantidade de lixo orgánico que se podería ter retirado das rúas se o Concello de Lugo cumprise coa planta de compostaxe.

+info

02/07/2014 | Ferrolterra-Trasancos

Atopan un vertedoiro de lixo pirata soterrado en pleno Parque das Fragas do Eume

Lumes, eucaliptos, minas e ceo aberto, encoros... E agora, un vertedoiro pirata. As Fragas do Eume, un dos nosos espazos protexidos máis emblemáticos, amosa outra volta as consecuencias dunha caótica xestión. Nos espazos protexidos vale todo!

+info

30/06/2014 | Compostela

O bairro de San Pedro (Compostela) exemplo de xestión ecolóxica dos refugallos

É posíbel celebrar unha romaría ou festa sen que todo o espazo quede ateigado de vasos de plástico: no bairro de San Pedro en Compostela conseguiuse. Parabéns á veciñanza!!

+info

30/06/2014 | Ferrolterra-Trasancos

Promovida por ADEGA, Verdegaia, SGHN , Plataforma polo saneamento integral ría de Ferrol

Palestra sobre a xestión pública da auga

Ferrol 26.6.2014. Levada a cabo con grande interese a palestra sobre “Remunicipalización e xestión pública do ciclo integral do auga”.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal