30/10/2015
Tras varios anos deixados á intemperie, e pese á condena da Xustiza,..seguen residuos contaminantes xunto ao rio Baa (Fene). Membros de Verdegaia, ADEGA, SGHN, AETNA e veciñanza, presentamos diante da Xunta de Galicia,recurso e material contaminante.
29/10/2015
ADEGA, GEAS e Hábitat advertimos á Xunta da presenza dun exemplar de tigre de Bengala nas instalación da empresa Naturmaz, ao carón do encoro da Fervenza en Mazaricos. O tigre exíbese aos visitantes nun cercado de ferranchos en precarias condicións
20/10/2015
A Xunta recoñeceu no Parlamento danos a hábitats e especies protexidas polas obras de 3 minicentrais que Villar-Mir executa no Xallas, como denunciou ADEGA. A Lei de Conservación obriga a parar as obras e sancionar aos infratores, Gürtell mediante...
15/10/2015
Unha recente sentenza da Audiencia Nacional ratificou a prohibición de plantar E. nitens nunha parcela asturiana como pretendía ENCE. A peritaxe científica foi demoledora: esta especie ten forte carácter invasor e é un risco para a biodiversidade
09/10/2015
ADEGA vén de denunciar na Fiscalía ambiental as ofertas de trofeos de lobo aparecidas en varias webs de anuncios e caza. Os prezos oslilan entre os 1000 e os 2800€. A venda de trofeos de lobo, prohibida en Galiza, pode ser causa de delicto penal
07/10/2015
A proposición de lei para prohibir o emprego de munición de chumbo en toda Galiza, que arestora tramita o Parlamento Galego, bateu coa radical oposición dos cazadores máis cavernícolas: a Federación Galega de Caza
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal