20/10/2021
Dende este domingo 24 de outubro e ata o 12 de xuño, visitaremos diferentes puntos do país, e descubriremos xunto con colectivos locais os valores ambientais, culturais e patrimoniais acubillados no seo das nosas montañas.
14/10/2021
O novo informe do ICOMOS solicitado polo Foro do Camiño Primitivo, plataforma da que forma parte ADEGA, é crítico coa actuación prevista polo Concello no punto no que conflúen dous Patrimonios da Humanidade o Camiño Primitivo e a Muralla.
12/08/2021
Nauta Sanxenxo presenta este proxecto construtivo como solución á regresión dos areais Carabuxeira e Lavapanos, obviando a causa orixinaria da problemática: a construción do propio porto deportivo.
03/07/2021
VOLVE A MINA DE TOURO! Ecoloxistas, confrarías, produtores de mexillón, plataformas veciñais e entidades sociais, reiteramos a nosa firme oposición ao proxecto de reapertura da mina
18/06/2021
ADEGA Lugo vén de celebrar a súa Asemblea Xeral bianual, na que por unanimidade renovouse a directiva da delegación, aprobáronse os informes de contas e futuras liñas de traballo.
10/06/2021
O pasado 18 de maio fíxose público un informe da Dirección Xeral de Calidade Ambiental da Xunta de Galicia, o cal cuestiona a viabilidade dun Plan urbanístico deseñado para crear unha nova urbanización industrial na parte norte da cidade de Lugo.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal