24/02/2017
ADEGA vén de elaborar un informe sobre a situación e conflitividade do lobo en Galiza que desminte algúns supostos e crenzas falsas. Asemade, amosa o fracaso e a arbitrariedade dos “controis poboacionais” e aponta solucións para desactivar o conflito
12/02/2017
ADEGA tivo acceso a unha gravación que proba a actuación irregular da Xunta ao autorizar "controis poboacionais" recorrentes (3 nos últimos 4 meses) nos montes de Cotobade. Oficialmente non se abatíu lobo algún, así que a Xunta seguíu dando permisos.
10/02/2017
Os controis non cumpren coas condicións do Decreto 297/2008 do Plano de xestión do lobo. Estase a aplicar incorrectamente a norma causando un prexuízo ambiental e ecolóxico e menoscabando a protección da nosa fauna e flora máis singular
09/02/2017
A sentenza do xulgado de Pontevedra dando a razón ao concello de Lalín no contencioso con Fenosa pola LAT de Catasós, evidencia outra volta as malas prácticas dunha administración entregada aos intereses das eléctricas.
07/02/2017
Portugal conxelou a expansión do eucalipto até 2030, prohibindo novos plantíos por riba das 812.000 hectáreas que arestora ocupa. Na Galiza o eucalipto medra en 500.000 ha e aumentando...
04/02/2017
Trala denuncia feita por Adega, BNG e AVV Brión e polo risco de afeccións sobre o patrimonio arqueolóxico e medioambiental, a Autoridad Portuaria de Ferrol desestima a proxecto inicial de botar os refugallos das obras sobre os montes de Brión.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal