A Comisión Europea vén de apresentar o "libro branco" do clima e a política enerxética cara o 2030. Obxectivos de redución de emisións pouco ambiciosos, balde de auga fría ás renovábeis e incomprensíbel esquecemento dos obxectivos de eficiencia.
O TSXG declara a nulidade da Autorización Ambiental Integrada da cementeira de Castro. Tras moitos anos de loita de veciños da zona, colectivos ecoloxistas (A VV. Os Cruceiros,ADEGA...), acadamos outro éxito ambiental e social en Ferrolterra.
Do 16 ao 22 de setembro celébrase a Semana Europea da Mobilidade. Co lema "Móvete por un ar máis limpo" quérese destacar o impacto do transporte a motor no ar que respiramos. Mentres, a Xunta insiste na falsa mensaxe da boa calidade do ar en Galiza.
Actividade para reivindicar a necesidade dun transporte eficiente, ecolóxico, xusto e sostible que axude a minimizar os problemas de mobilidade, ruído e contaminación que sofre a nosa cidade.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal