02/07/2014
Lumes, eucaliptos, minas e ceo aberto, encoros... E agora, un vertedoiro pirata. As Fragas do Eume, un dos nosos espazos protexidos máis emblemáticos, amosa outra volta as consecuencias dunha caótica xestión. Nos espazos protexidos vale todo!
01/07/2014
A Xunta pretende modificar o dec. 67/2007 das Árbores Senlleiras para "simplificar" a xestión e "axilizar" trámites. Na práctica supón a desprotección efectiva deste patrimonio natural, como alegamos ecoloxistas e investigadores do Comité das Árbores
30/06/2014
A revista galega de medio ambiente e ecoloxía CERNA lanza a súa primeira edición dixital recompilatoria dos artigos publicados durante este ano no seu soporte web adega.gal/revistacerna. Xa está á túa disposición!
30/06/2014
É posíbel celebrar unha romaría ou festa sen que todo o espazo quede ateigado de vasos de plástico: no bairro de San Pedro en Compostela conseguiuse. Parabéns á veciñanza!!
30/06/2014
Ferrol 26.6.2014. Levada a cabo con grande interese a palestra sobre “Remunicipalización e xestión pública do ciclo integral do auga”.
27/06/2014
Este 2014 o Proxecto Ríos fai 10 anos. O 29 de xuño queremos celebrar o décimo aniversario convosco, e para iso temos organizada a Festa dos 10 Anos do Proxecto Ríos ao carón do río Tambre na área recreativa de Tapia (Ames). Non faltedes!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal