10/12/2014
Sabemos realmente o que comemos? Quen controla a produción e comercialización dos alimentos? Deixamos a alimentación humana nas mans das empresas agroquímicas ou queremos ser nós os protagonistas e comer sano sen danar á terra?
Cada ano ADEGA mobiliza miles de persoas que voluntariamente deciden empregar o seu tempo para axudar á mellora do medio ambiente. Hoxe, 5 de decembro, é o día Internacional do Voluntariado queremos agradecer a participación destas persoas.
03/12/2014
ADEGA co apoio da Plat. Sarriana polo Río vén de interpoñer contencioso administrativo pola chafalleira e ilegal actuación da D. X. de Conservación na tramitación e posterior denegación da catalogación do ameneiral de Sarria como formación senlleira
01/12/2014
Máis de 100 persoas participaron nas tarefas de limpeza na xornada ambiental celebrada en Cervo. A actividade organizada pola CEMMA e o C.A.S. Costa Lugo, e na que colaborou ADEGA conseguiu retirar 500 kg de lixo, e tamén numerosos osos de balea.
28/11/2014
Nunha manchea de concellos e parcelas do país a Xunta autorizou o uso de lamas de depuradora como fertilizante. Esta práctica, realizada sen os debidos controis nen garantías, pode virar na contaminación difusa de terras e augas
Este mércores 26 de novembro, celebrouse no CONAMA unha actividade sobre o lixo mariño. Houbo diferentes presentacións sobre esta problemática ambiental e ADEGA participou presentando a iniciativa de Limpezas simultáneas de praias.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal