10/09/2015
ADEGA vén de solicitar a denegación dunha explotación cinexética en Montederramo de 212 ha por situarse dentro da área de máxima protección da ZEC Macizo Central e afectar a unha área de cría e presenza de aguia real, en perigo de extinción
09/09/2015
ADEGA solicitou información á Consellaría de Cultura sobre os permisos que deste organismo obtiveron ditas obras e no caso de non existiren pídelle á Xunta que obrigue ao concello de Begonte a restituír ao seu estado orixinal os terreos afectados.
01/09/2015
ADEGA aprazar nun mes a data límite de entrega de obras a concurso para os certames de Fotografía, Relato e Curtas polo Territorio deste ano 2015.
25/08/2015
As obras das 3 centrais hidroeléctricas que Ferroatlántica constrúe no Xallas están a danar especies e hábitats protexidos. ADEGA insta á Fiscalía a investigar os feitos e a tramitación dunhas instalacións que nunca deberon ser autorizadas...
19/08/2015
Perante a alerta de seca, ADEGA demanda tanto da Xunta de Galiza como das administracións locais, medidas que fomenten unha cultura da auga aforradora e eficiente, sen esquecermos as actitudes e medidas a ter en conta como usuarios/as
12/08/2015
Malia ao flamante Plano de Conservación recentemente aprobado, ADEGA vén de denunciar o recheo de dúas charcas neste espazo con especies protexidas e refuxio aves ameazadas. Un duro golpe ás aspiracións deste espazo a Parque Natural
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal