ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
15/03/2016

Un castro recén inventariado en Mondoñedo arrasado por unha plantación de eucaliptos

O castro do Monte da Arca en Mondoñedo vén de ser completamente destruido pola maquinaria pesada usada para plantar eucaliptos. En decembro de 2015 este castro fora inventariado pola Xunta a iniciativa de MariñaPatrimonio. Apenas durou 3 meses...

+info

14/03/2016

ADEGA e "Lugo de Cara ao Miño" piden a retirada do dique do Miño no Día mundial dos Ríos

Con motivo do Día Mundial dos Ríos, ADEGA e a plataforma "Lugo de Cara ao Miño" demandamos a retirada do dique contruído no río para promover unha minicentral na fábrica de luz de Lugo dentro dun espazo protexido como Rede Natura. Fóra dique!

+info

09/03/2016

San Sadurniño abre unha nova rota de ´porta a porta´e reciclaxe rural

En 2015 iniciabamos un proxecto novidoso de porta a porta rural en San Sadurniño, cunha rota de 40 km na que se recolle o lixo a 70 vivendas rurais. Ante o éxito do proxecto, este ano amplíase a outras 45 casas con 72 km de percorrido

+info

07/03/2016

Roteirríos 2016. Río Arnego

Roteirríos é un programa de itinerarios que pretende unir ríos e persoas nun ambiente lúdico e que desenvolve o Proxecto Ríos desde o ano 2007.O primeiro Roteirríos será o 12 de marzo, onde percorreremos un treito do río Arnego.

+info

05/03/2016

A delegación de Adega en Ferrol realizou saída á rúa para presentar o tema á cidadanía

Día Mundial da Eficiencia Enerxética. Saida á rúa para concienciar sobre o tema.

Adega presentou á cidadanía algúns consellos que poderán poñer en práctica na cociña, na iluminación da casa, no automóbil, etc. Tamén contactouse con concelleiros de Ferrol e outras personalidades relevantes da comarca.

+info

03/03/2016

Convenio de colaboración entre Adega e o concello de Cedeira(Coruña)

Novo convenio sobre compostaxe caseira entre Adega e Cedeira.

Dentro do plan de difusión do programa de compostaxe caseiro, realizado un novo convenio de Adega, nesta ocasción có concello de Cedeira (A Coruña).

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal