02/09/2016
ADEGA, SGHN, SGO e Hábitat denuncian a construción dun aparcadoiro, presuntamente ilegal, no espazo natural Vixía Herbeira, incluído no LIC Costa Ártabra. A obra estaría destinada ao servizo dos espectadores de "La Vuelta" o pasado 23 de agosto.
01/09/2016
O río Sar, no treito que vai dende a ponte de Iria ata o paseo do Espolón en Padrón, corre un grave risco de quedar totalmente seco.
29/07/2016
ADEGA presentou hoxe alegacións ante a CH Miño-Sil, a DX de Conservación da Natureza e o Ministerio de Medio Ambiente contrarias á execución das novas ataguías propostas polo Concello de Lugo e a empresa executora do proxecto da fábrica da luz.
27/07/2016
ADEGA vén de presentar demanda contra a Consellaría de Cultura da Xunta por non ter iniciado nin tramitado en tempo e forma o expediente de declaración da Cova Eirós de Triacastela como BIC e non contestar ás solicitudes de ADEGA.
26/07/2016
O Foro do Camiño, do que fai parte ADEGA, acude a ICOMOS-España para denunciar as obras de "mellora e acondicionamento" que a Axencia de Turismo de Galiza está a executar e prevé realizar nos Camiños Norte e Primitivo, Patrimonio da Humanidade.
22/07/2016
Xa está dispoñible na rede o número 6 de Sermos-ADEGA, dedicado á defensa dos animais e que foi publicado o pasado xuño no xornal Sermos Galiza. Consúltao!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal