ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Territorio e urbanismo / Novas /

Novas

Formulario de busca
14/06/2016

ADEGA e outras 14 entidades solicitamos a Industria a nulidade da autorización de Reganosa e o cumprimento das sentenzas do Supremo

Ante a publicación no BOE do trámite para a autorización de REGANOSA solicitamos a nulidade radical do procedemento de autorización por fraude de lei, desviación de poder, e vulneración do dereito á tutela xudicial efectiva

+info

31/05/2016

Móvete con ADEGA polas rías, contra ENCE e a eucaliptización!

Este sabado 4 de xuño en Pontevedra convocámoste á mobilización en defensa das rías, contra ENCE e os eucaliptos. Se defendes o medio ambiente, non podes faltar!

+info

03/05/2016

O prazo de presentación de obras rematará o vindeiro 1 de novembro

ADEGA convoca a VI Edición dos Concursos polo Territorio

ADEGA convoca unha nova edición dos Concursos polo Territorio, na que poderá participar toda a poboación galega para retratar o estado actual do noso territorio através da imaxe fotográfica e audiovisual e de relatos curtos.

+info

29/04/2016

Á veciñanza que protexe o río, 17.000€ de multa; á administración que incumpre a lei, sanción de 1.062€

A multa ridícula imposta por Cultura á Conf. Hidrográfica por infracción grave ao patrimonio ao arramplar coas árbores no Camiño Francés de Sarria (1.062€), contrasta cos case 17.000€ que a Sub. do Governo pide a 34 veciños/as por defender o río...

+info

24/04/2016

Crónica da constitución de Plataforma de defensa da Praia e Ría de Cedeira.

O pasado día 22 de abril, membros de ADEGA e SomosCedeira participamos na constitución dunha plataforma cidadá en defensa da praia e da ría de Cedeira, acto que estivo organizado polo concello de Cedeira.

+info

14/04/2016

PP, PSOE e Ciudadanos urxen gastar 1221 millóns de € nunha autovía inútil que estragará a Ribeira Sacra

A resolución aprobada nas Cortes por estes tres partidos insta ao governo a acelerar a construción da A-76, unha obra innecesaria e carísima que deixa tocados os valores naturais e culturais da Ribeira Sacra

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal