ADEGA ven de recibir unha axuda da Fundación Biodiversidad para desenvolver actuacións de divulgación, estudo e conservación no Sobreiral do Arnego
12/02/2018
Na 17ª edición dos premios Osíxeno e Dioxina cos que ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental, este 2017 xiran arredor da xestión dos montes, a lei de depredación, os lumes e os eucaliptos.
09/02/2018
No DOG deste xoves 8 e aproveitando a modificación do Observatorio de Educación Ambiental, atopámonos coa lamentábel nova da derrogación da Orde que declaraba protexido ao acivro dende 1984
08/02/2018
Xa foi publicado en papel no semanario galego Sermos Galiza, o pasado 25 de xaneiro, este suplemento ambiental asinado por ADEGA, ao que tamén podes acceder desde aquí.
07/02/2018
ASCEL, ADEGA e GEAS denuncian ante o SEPRONA a aparición dun lobo morto por disparos na Serra do Cando, no lugar de Cima de Vila, concello de Cotobade-Cerdedo, que este pasado sábado acolleu a Copa de España de raposo.
06/02/2018
ADEGA e Mariña Patrimonio vimos de presentar perante o Seprona unha nova denuncia por posibles danos ocasionados nunha parcela no xacemento protexido de Os Castros, situado no concello de Barreiros (Lugo).
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal