01/10/2018
Fomos moitas as persoas que nos mollamos polos ríos na XI Limpeza simultánea. Houbo grupos de nenos e nenas e de maiores, limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos, pero todas e todos tiñamos o mesmo obxectivo: coidar dos nosos ríos
27/09/2018
Este martes 25 celebramos en Allariz un encontro arredor da compostaxe e a reciclaxe, no que participou veciñanza, persoal do concello, agricultores e incluso persoas doutros concellos interesadas no tema.
20/09/2018
A estratexia de dvidir un único parque eólico en varios pequenos para acadar facilidades de tramitación e furtar unha análise ambiental axeitada, tal e como está a acontecer en Coristanco e Ordes, é ilegal segundo o Supremo.
14/09/2018
ADEGA vén de publicar a edición de verán da revista galega de ecoloxía e medio ambiente, que recolle artigos sobre a ILP a prol do bosque autóctono e a mina de Touro- O Pino, entre outras temáticas de actualidade.
04/09/2018
O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra vai permitir ao Concello de As Neves mudar o seu modelo de xestión de lixo e compostar todos os biorresiduos da súa veciñanza a primeiros de 2019
01/09/2018
Este Sermos ADEGA 16 preséntanos o traballo da nova delegación de ADEGA en Vigo. ADEGA-Vigo ten como obxectivo de impulsar e ampliar o dialogo crítico en temática ambiental, desde a cidade ás vilas e aldeas da bisbarra.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal