Inicio / Novas / ADEGA Nacional /
02/02/2016
Neste Día Mundial dos Humidais (2 de febreiro) o Proxecto Ríos vén de facer público os resultados do informe elaborado coas informacións achegadas polos 322 grupos de voluntari@s nas inspeccións de primavera e outono
01/02/2016
ADEGA vén de celebrar a súa 40 Asemblea Xeral. Van aló xa 40 anos de ecoloxismo e defensa do patrimonio natural e cultural de Galiza, posíbel grazas ao compromiso xeneroso e solidario dos milleiros de socios e socias. Parabéns a tod@s!
26/01/2016
SERMOS GALIZA e ADEGA vimos de publicar o nº 4 do suplemento SERMOS ADEGA que está dedicado ao cambio climático e aos resultados do Cumio climático de París, celebrado o pasado mes de decembro.
25/01/2016
O governo do PP vén de resolver a prórroga das actividades contaminantes da pasteira en Lourizán por outros 60 anos, até o 2073. É unha fraude democrática hipotecar a ría a ENCE cun govermno en funcións e unha burla á cidadanía e ao ambiente
13/01/2016
ADEGA fai públicos os premios OSÍXENO e DIOXINA ás millores e piores actuacións de 2015. Celulosas e eucaliptos, cambio climático, abellas e mundo rural vivo, aliás dunha referenza aos 40 anos da organización, son os temas desta 15 edición
12/01/2016
Co novo ano chega o momento de facermos balanzo ambiental do 2015 e de apontar algunha das cuestións ás que prestaremos antención neste 2016. Vellos problemas que aínda seguen aí e novos desafíos que marcarán o traballo nesta xeira
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal