07/09/2020
Ante a pretensión por parte do Concello de Monforte da construción dunha ponte sobre o río Cabe, ADEGA considera prioritaria a elaboración dun plan de mobilidade sostible, rigoroso e obxectivo que sustente a construcción deste proxecto.
31/08/2020
ADEGA vén de presentar, xunto co colectivo Mina no Cando Non, alegacións ante a Xunta, quen pretende aprobar un permiso de concesión de explotación para un proxecto mineiro sen a debida avaliación de impacto ambiental.
05/08/2020
ADEGA vén de instar ao Ministerio Fiscal a que abra a oportuna investigación contra ADIF por presunto delito contra os recursos naturais e o medio ambiente, tras trascender que tirou dous vagóns de tren ao río Sil.
28/07/2020
ADEGA e Ríos con Vida, veñen de lembrarlles á corporación municipal de Lugo que perto de 400Kms de treitos fluviais están sen grafar no 5% do PXOM pendente de aprobación e que poderían atoparse en risco ante o desenvolvemento urbanístico proposto.
23/07/2020
Colectivos ciclistas e ecoloxistas, entre eles ADEGA Vigo, lanzan unha campaña para fomentar o uso da bicicleta nos desprazamentos á praia en Vigo
09/07/2020
É costume en tempo eleitoral facer balanzo do período vencido repasando as principais actuacións do labor de goberno ou oposición. A cidadanía e as organizacións sociais tamén debemos avaliar se non en continuo, cando menos cada 4 anos, o acontecido.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal