10/05/2021
Co gallo da Semana Internacional da Compostaxe, ADEGA inicia a campaña de concienciación sobre a xestión do lixo no concello de Allariz e continúa co Programa de Compostaxe no concello da Pobra do Caramiñal.
09/05/2021
ADEGA anunciou onte, na súa 45ª Asemblea Xeral de socios e socias, o fallo dos Premios Osíxeno e Dioxina 2020, que nesta edición xa cumpren 20 anos. Con estes galardóns ADEGA quere subliñar a mellor e a peor actitude ou acción ambiental do ano pasado
08/05/2021
ADEGA celebrou hoxe a súa 45ª Asemblea Xeral na que anovou directiva e estableceu as súas liñas estratéxicas de traballo para este ano 2021.
07/05/2021
Este sábado, 8 de maio, ADEGA convoca as súas socias e socios á súa 45ª Asemblea Xeral. Debido á actual situación de risco sanitario, ADEGA optou por desenvolver este encontro coa súa base social de forma telemática.
06/05/2021
Colectivos sociais que traballan pola defensa do patrimonio cultural galego déronse cita onte na mesa redonda convocada por ADEGA para abordar como lles afecta e responden ante a actual vaga de macroproxectos eólicos.
04/05/2021
Este 24 de abril a veciñanza alertaba dun novo vertido ao río Valiñas dende obras da gasolineira que están a construír en Ledoño, nunha parcela a seis metros do afluente do río Mero
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal