ADEGA

Delegacións

Formulario de busca
03/11/2026 | Lugo

​ADEGA denuncia rozas con maquinaria pesada nunha zona húmida en Castroverde

A asociación alerta das posibles afeccións ao Rego de Mosteiro e ás fontes do Xuncal, do Torrón e do Ouro. As rozas con maquinaria pesada estanse levando a cabo xunto á igrexa románica de San Pedro de Cellán de Mosteiro.

+info

30/10/2026 | Vigo

ADEGA impulsa o proxecto Rías Vivas-Sur para promover a conservación das rías galegas a través da formación, a divulgación e a ciencia cidadá

A iniciativa, coordinada pola delegación de ADEGA en Pontevedra Sur, busca implicar os sectores marisqueiro e pesqueiro, así como a cidadanía, no coñecemento e na protección da biodiversidade e dos hábitats litorais.

+info

28/10/2026 | Vigo

ADEGA-Pontevedra Sur alerta das eivas ambientais de dous proxectos de centrais hidroeléctricas reversibles no río Miño

A organización presentou alegacións aos proxectos de Crecente e Filgueira polos seus impactos sobre hábitats prioritarios e especies ameazadas.

+info

22/10/2026 | Monterrei

ADEGA alega ao parque eólico Ferromolín polos seus impactos sobre a biodiversidade, o territorio e os incendios

​A asociación alerta das eivas do estudo ambiental dun proxecto de 27 MW previsto entre Vilamartín de Valdeorras, O Barco de Valdeorras e Oencia, afectado polo gran incendio de agosto de 2025.

+info

14/10/2026 | Lugo

ADEGA-Lugo presenta un recurso contra o desenvolvemento do plan parcial S5I, que afecta ás nacentes do Rato

ADEGA acadou o obxectivo económico mínimo para defender nos tribunais este espazo natural. Máis de 200 doazóns demostran o amplo apoio social á defensa do río

+info

13/10/2026 | A Coruña

ADEGA-A Coruña e o Colectivo Pedras Galladas retiran 40 kg de lixo do río Trabe e constatan o seu grave deterioro

Ambas asociacións confirman a degradación dos seus bosques de ribeira debido a unha mala xestión.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal