Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Comunicado de ADEGA perante un novo caso...
28-02-2018
Unha compañeira de ADEGA vén de sofrer un novo caso de discriminación por parte da Delegación da Xunta en Lugo, por utilizar o galego ao dirixirse ao funcionariado que lle negou seu direito a ser atendida en na nosa lingua.
Este acto vulnera varios direitos civís ademais do mesmo Estatuto de Autonomia de Galiza.
O idioma é o noso patrimonio máis sinalado. ADEGA ten nos seus estatutos a defensa do patrimonio cultural, polo que a defensa da língua fai parte da nosa acción e do noso ideario como asociación.
Reclamamos dos organismos competentes da Xunta unha declaración de desagravio ao noso idioma, así como o inicio das accións pertinentes para corrixir esta situación anómala entre o funcionariado da Xunta de Galiza na delegación de Lugo.
Exiximos o respeito pola nosa língua e a nosa cultura e a sua defensa por parte de quen ten a obriga legal de o facer (Xunta de Galiza, Secretaría Xeral de Política linguistica, Consellaria de Educación Cultura e Deportes, Dirección Xeral da Función Pública, etc). Para alen do seu deber de acatar a lei, teñen a obriga moral de o faceren.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal