Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Outro parque eólico paralizado polo TSXG tramita...
03-09-2026
Primeiro foi o Xesteirón e agora o Rodicio II. A empresa ENGIE insiste en continuar coa tramitación dos seus parques paralizados polo TSXG e ADEGA esixe á Xunta que respecte as decisións da Xustiza e denegue todas as solicitudes de utilidade pública de eólicos xudicializados.
O parque eólico Rodicio II, nos concellos de Maceda e Montederramo, ao carón do Macizo Central Ourensán, inicialmente promovido por Greenalia e posteriormente vendido á empresa francesa ENGIE, a antiga GDF Suez (Gaz de France), foi recorrido por ADEGA en 2023 mediante a interposición dun contencioso-administrativo no TSXG. O Alto Tribunal Galego concedeu as medidas cautelares solicitadas e paralizou a execución da infratestrutura en abril de 2024.
O Rodicio II é unha das instalacións que entrou no pacote de 182 MW que Greenalia vendeu á francesa ENGIE por 58 millóns de €. Esta venda anunciouse a principios de xuño de 2023, poucos días despois (26 de maio de 2023) de que o TSXG anulara as autorizacións do parque eólico Campelo, o primeiro dun longo ronsel de parques anulados a Greenalia polo Alto Tribunal galego.
É moi probábel que este proxecto, xunto cos demais suspendidos polo TSXG a ENGIE (Xesteirón de 39,6 MW, As Penizas de 31,2 MW, Touriñán III-2 de 24 MW e Suime de 30 MW), continúe paralizado até que se resolva o fondo do asunto, posibelmente dentro de varios anos. Lembremos que dos máis de 80 parques paralizados cautelarmente polo Alto Tribunal galego, só os dous primeiros (Campelo e Bustelo, precisamente de Greenalia e recorridos en 2022) foron obxecto de sentenza, e ademais, contraria en primeira instancia aos intereses da promotora.
Esta solicitude de utilidade pública pretendería aumentar a presión sobre a administración e crear incerteza na veciñanza, xa que un procedemento de utilidade pública leva aparellada a urxente ocupación de bens e dereitos. Sería, pois, unha manobra claramente intimidatoria cara á veciñanza, que a Xunta debería rexeitar de plano.
Na área afectada por este parque habitan especies ameazadas coma a aguia real, o voitre branco ou o millafre real, e sitúase a escasa distancia das ZEC Bidueiral de Montederramo e Macizo Central. A respecto destas afeccións, o Tribunal sinalou nos fundamentos do seu auto de paralización cautelar que:
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal