28-08-2025
Tras o éxito das máis de 30 concentracións celebradas por todo o país o pasado 21 de agosto contra a política forestal do Goberno galego a plataforma ‘Por un monte galego con futuro’, da que fai parte ADEGA, vén de anunciar a convocatoria dunha nova protesta, nesta ocasión para esixir a aplicación de medidas que eviten outra vaga de lumes e para reclamar un plan de choque con axudas urxentes para as persoas e as zonas afectadas polos incendios.
Esta nova iniciativa da plataforma -integrada por máis de medio cento de asociacións, colectivos e organizacións e que naceu en 2018 para promover varias ILP de protección do bosque autóctono e de racionalización da xestión do monte e para amosar a súa oposición ao último Plan Forestal aprobado pola Xunta- consiste nunha manifestación nacional que terá lugar en Santiago o vindeiro domingo 14 de setembro, con saída dende a Alameda ás 12:00 horas. En próximas datas convocaremos unha rolda de prensa para presentar con máis detalle todo o que arrodea esta mobilización.
PLATAFORMA POR UN MONTE GALEGO CON FUTURO
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal