ADEGA

Inicio / Novas / Todas / ADEGA xunto 115 entidades exixen o Secretario de...

19-02-2024

ADEGA xunto 115 entidades exixen o Secretario de Estado de Medio Ambiente que cumpra a Lei de Residuos!

O pasado 15 de febreiro, 15 representantes das entidades que conforman o movemento #LeydeResiduosYa uníronse no Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico co secretario de Estado de Medio Ambiente o e a súa equipa para afondar nas demandas do manifesto presentado o paso 14 de decembro.

Na reunión, as entidades, procedentes de Galicia, País Vasco, Cataluña, Baleares, Comunidade de Madrid ou Canarias, trasladaron a urxencia e a necesidade de que a Lei de Residuos se cumpra na súa totalidade para comezar a poñer un freo á contaminación por os envases dun só uso e os riscos para a saúde e a biodiversidade que estes implican, abrindo así o camiño para prevención  da xeración de residuos e a reutilización dos envases. Con carácter de urxencia, as organizacións reclamaron o cumprimento dos obxectivos de reutilización, a necesidade de obter datos transparentes e fiables sobre a recollida selectiva e reciclaxe de envases e a implantación dun Sistema de Depósito que permita devolver latas, botellas e briks aos comercios e supermercados.

O encontro co  secretario do  Estado chega dous meses despois de que os representantes da sociedade civil fixeron publico  un manifesto  pedindo o cumprimento total da Lei de Residuos  e Solo Contaminados, par a Economía circular  e o Real Decreto de Envases e Residuos de Envases. Nese momento as entidades asinantes foron  74, e a día de hoxe xa somos 116 a entidades asinantes. A necesidade  dunha actuación urxente fai que cada día se sumen máis organización de todos os puntos do territorio a este movemento.

Durante a reunión, as entidades do movemento #LeydeResiduosYA  entregaron a Morán un informe de 60 páxinas coas petición concretas de máis de un centenar de organizacións que traballan cada dia en todos os puntos do territorio para loitar contra a contaminación por plásticos e promover un modelo de xestión de residuos moita máis sostible.

  “É o momento de que o Ministerio vele polo cumprimento da Lei de Residuos que a mesma administración publicou en abril de 2022. Se non se cumpren os obxectivos marcados no texto, , como a  presenza de envases reutilizables nos supermercados ou o Sistema de Depósito, que tan ben funciona noutros países, algúns fitos para a xestión dos residuos en España veranse en  risco”, sinalan as entidades.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal