ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Colectivos ecoloxistas e sociais rexeitamos a...

20-12-2023

Colectivos ecoloxistas e sociais rexeitamos a Axenda Mineira da Xunta por criminalizar a sociedade civil

Máis de 100 entidades ecoloxistas, veciñais, sindicais, agrarios e do mar denunciamos publicamente a “Axenda de Impulso da Minaría Sostible de Galicia 2030” que lanzou este mes a Xunta de Galicia. Censuramos a visión totalmente tendenciosa do documento que criminaliza os colectivos que veñen sacando á luz as ilegalidades do sector. Para as entidades asinantes, a Axenda evidencia a captura total da Xunta polo lobby mineiro e desacredita a Administración ao vulnerar os principios de neutralidade e obxectividade, polo que esiximos a súa retirada inmediata.

Ao longo do documento, noméase repetidamente o “ecoloxismo radical”, o “forte activismo das asociacións ecoloxistas” ou a “utilización da minaría como arma en Galicia” como “ameaza”, mentres se critica a existencia dunha “mobilización social promovida por grupos con intereses moi distintos aos intereses locais e do entorno”, en alusión aos colectivos sociais opostos a determinados proxectos ambientalmente nocivos. 

Chama a atención que a Axenda indique que para a súa elaboración se mantiveron reunións e entrevistas con representantes de “asociacións ambientalistas”, cando ningunha das entidades que veñen de censurar o documento participou.

Para os colectivos sociais, a adopción da Axenda Mineira pola Xunta é un ataque frontal ao estado de dereito, pois parte de que a participación social e a cidadanía ambiental activa son unha ameaza para a sociedade. Ao presentar como un problema serio os colectivos ecoloxistas, agrarios e do mar que veñen denunciando as ilegalidades das empresas mineiras e da propia Xunta, preténdese claramente socavar a súa lexitimidade e apoio social.

Pola contra, a Axenda omite o impacto ambiental que causan as mineiras, con ducias de expedientes sancionadores afectando tanto á minaría metálica en casos como os Touro, San Finx, Penouta ou Varilongo como a explotacións de lousa, minerais industriais, caliza ou áridos. Boa parte destas ilegalidades saen á luz e acaban por ser sancionadas precisamente pola denuncia de colectivos veciñais e sociais, ante a pasividade e cumplicidade da Administración galega, que agora califica estes colectivos como unha grande “ameaza”.

O lanzamento da Axenda e esta criminalización da oposición a determinados proxectos mineiros dase precisamente nun contexto no que tanto as empresas mineiras como o propio lobby veñen utilizando cada vez máis o ‘lawfare’ e as accións estratéxicas contra a participación pública (“SLAPP”, nas súas siglas en inglés) para tentar desmobilizar os colectivos sociais mediante o acoso xudicial. As entidades asinantes denuncian este tipo de prácticas utilizadas en casos como os da canteira de Cementos Cosmos en Triacastela, as minas de San Finx e Varilongo ou, recentemente, pola propia Cámara oficial Mineira.

Inxección de fondos públicos e promoción da enxeñaría social

A Axenda desprega un plan meticuloso para influir nas percepcións sociais da minaría, ocultando as súas negatividades e presentando unha imaxe irreal, centrándose sobre todo nas máis cativas. Así, contempla unha “campaña divulgativa nos centros educativos” e a promoción do lavado de cara verde a través do portal de propaganda “Minaría Sostible de Galicia” da Cámara Oficial Mineira. Con estas accións, que tamén inclúen o lanzamento dun distintivo de sustentabilidade, a Xunta pretende precisamente desarticular a oposición social procurando silencio frente as ilegalidades do sector.

A estratexia tamén contempla unha inxección de fondos públicos sen precedentes ao lobby mineiro, encabezado pola Cámara Oficial Mineira, que xa recibiu millóns de euros para accións de lavado de cara verde nos últimos anos. Desde as entidades asinantes, demandamos que, pola contra, estes fondos se dediquen a fortalecer a capacidade e profesionalidade dos distintos servizos de inspección e control do sector mineiro e á restauración das numerosas explotacións abandonadas que supoñen un risco para a saúde das persoas e dos ecosistemas.

Entidades asinantes

A de Rousmeri
A Jalleira – Asociación forestal e de educación ambiental
A Quenlla
A Rente do Chan-PLADEVER
A Ría Non se Vende
Afectad@s pola Mina de San Acisclo en Muras
Amigas da Terra
Amigas das Árbores de Ourense
Arabías Soc. Cooperativa Galega
Asociación A Lama Vive
Asociación Alarma na Terra de Montes
Asociación Ambiental Contramínate
Asociación Ambiental e Cultural Tralapena
Asociación Amigas das Cegoñas
Asociación APEOM
Asociación Asemblea do Suído
Asociación Avoar
Asociación Axóuxere Editora
Asociación Cívico Cultural Terra de Outes
Asociación Cultural Canle de Lira
Asociación Cultural Bubela de Abuín
Asociación Cultural Charanga Tabernícolas do Leiradal
Asociación Cultural Fuco Buxán
Asociación Cultural Liceo Mutante
Asociación Cultural Lucerna
Asociación Cultural Vagalumes da Estrada
Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra
Asociación de Afectados polas Canteiras de Budiño
Asociación de Amigos da Dorna Meca
Asociación de Crianza Respetuosa Xoaniñas
Asociación de Defensa Medioambiental Salvemos Monteferro
Asociación de Indignados de Gestoso
Asociación de Productores de Mexillón da Pobra do Caramiñal
Asociación de Productores de Mexillón de Vilaxoán 
Asociación de Veciños San Vicente de Niveiro
Asociación Eco-social, Cultural e Medioambiental Boca de Sapo
Asociación Ecoloxista Arco Iris
Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
Asociación Fixing
Asociación Galega de Consumidores e Usuarios ACOUGA
Asociación Medioambiental e Cultural A Pedra que Fala
Asociación Nove Refachos
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
Asociacion pola defensa da Ría de Pontevedra (APDR)
Asociación Ridimoas
Asociación Sachos á Rúa
Asociación Touda
Asociación Turístico Comarcal Ría de Muros e Noia
Asociación Veciñal de Lentille
Asociación Veciñal Grixoa de Esternande-Minas de Varilongo
Asociación Verdegaia
Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo
Ateneo Libertario Pontevedra
BerXallas Minaría Destrutiva Non
Brexa, Asociación de Custodia do Territorio 
Biblioteca Maravilhas
Central Unitaria de Traballadoras – CUT Galiza
Centro de Saberes para a Sustentabilidade
Centro Social A Gentalha do Pichel
Centro Social A Pedreira
Centro Social Fuscalho
Centro Social Mádia Leva
Colectivo Agrocuir da Ulloa
Colectivo Arroutada
Colectivo ArteLixo
Colectivo Berro Seco na Defensa dos Dereitos e Liberdades
Colectivo Capitán Gosende
Colectivo O Suído 
Comisión contra as Minas na Terra Chá
Confederación Nacional do Traballo – CNT Galiza
Confraría de Pescadores de Noia
Confraría de Pescadores de Portosín
Cornado Mina Non
Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
CSA Casa Colorida
Ecoloxistas en Acción
Federación Ecoloxista Galega
Federación Rural Galega (FRUGA)
Fridays for Future Santiago
Fundação Montescola
Greenpeace
Instituto Resiliencia
Movemento Galego polo Clima
Naturgalicia
Organización Galega de Comunidades de Montes
Plademar Muros-Noia
Plataforma anti-minas de Mesía
Plataforma Casalonga limpa de residuos
Plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Fins
Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Miramontes-Santiago
Plataforma de Defensa do Sur da Dorsal Galega
Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA)
Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza
Plataforma Oro No
Plataforma pola Defensa do Monte Neme
Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre
Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro
Plataforma pola Recuperación do Sar
Plataforma Quixote de Outes
Plataforma SOS Suído-Seixo / Minas Albertas Non
Plataforma Turonio pola Defensa do Territorio
Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino Non
Plataforma Veciñal Si a un Rural Vivo
Rompamfilas Coletivo Antimilitarista
Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo
Salvemos a Comarca de Ordes
Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas
Sinha PACA Plataforma de Activistas Culturais e Artistas
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)
Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins
SOS Encrobas
Tarabelada Asociación Medioambiental e Cultural
The Foundry
Zuleiro Grupo de Consumo

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal