ADEGA

Inicio / Novas / Todas / ADEGA celebra o Día Mundial do Océanos

08-06-2021

ADEGA celebra o Día Mundial do Océanos

Desenvolveuse unha limpeza de praias en dous areais de Ribadeo

Na actividade, coincidindo coa campaña "Coida os mares, coida a vida", participaron preto dun cento de alumnas e alumnos do CPI Gregorio Sanz e do Colexio Sagrado Corazón, que realizaron tarefas de limpeza nas prais dos Bloques, Illas-Castros e no Camiño das Aceas.
A Campaña pretende por en valor o respecto pola biodiversidade animal e vexetal coa que contamos no litoral da provincia de Lugo para poder conservar e utilizar de xeito sostible os nosos recursos mariños.
Durante a acción de limpeza o alumnado participante puido analizar a procedencia e a tipoloxía dos residuos recollidos, poñendo o acento no prexuizo que o lixo xenera no medio mariño. A presenza de plástico foi, como é habitual, o tipo de residuo que con máis frecuencia apareceu.

No Facebook de ADEGA pódense ver as fotos da xornada.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal