ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / Lugo

Lugo

28/01/2015

O Concello de Cospeito, multado con 30.600 € por vertidos á Lagoa de Cospeito denunciados por ADEGA

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil sanciona ao concello de Cospeito con máis de 30.000 euros por contaminar o Río Guisande e a Lagoa grande de Cospeito con augas residuais procedentes da antiga depuradora municipal.

+info

20/01/2015

ADEGA-Lugo solicita a modificación do Plan Paradai para desafectar unha zona inundable

As obras do Plan Paradai de Lugo afectan á area de inundabilidade do río Rato e tamén á senda peonil que discorre ao seu carón, á altura da rúa Serra de Meira.

+info

14/01/2015

Máis de 220 obras optaron aos premios dos Concursos polo Territorio de ADEGA

Hoxe tivo lugar a entrega de premios do IV Cerntame no Salón de Actos da Deputación de Lugo

ADEGA entregou hoxe os premios da IV Convocatoria dos Concursos de fotografía, relato e curtametraxes polo Territorio, que se enmarca na campaña de ADEGA por unha ordenación sostible do territorio "Ponte no medio. Móvete polo Territorio". A

+info

05/01/2015

ADEGA-Lugo dedica os roteiros de 2015 aos bosques galegos

O programa desenvólvese dentro da campaña Cousa de Raíces

ADEGA-Lugo dedicará os roteiros de 2015 (período de xaneiro a xuño) ao coñecemento e á reivindicación da posta en valor dos bosques autóctonos de Galicia. Esta proposta entronca coa campaña “Cousa de Raíces”.

+info

25/11/2014

ADEGA insta aos grupos parlamentares a mollarse pola Cova de Eirós

O pasado luns, ADEGA entrevistouse cos grupos parlamentarios para que esixan ao Executivo de Feijóo o cumprimento da lei na protección efectiva como BIC da Cova de Eirós, ameazada pola explotación mineira de Cementos Cosmos.

+info

12/11/2014

Por un Plan Director das Rutas Xacobeas que priorice o valor histórico-cultural fronte o turístico-comercial

O Foro do Camiño Primitivo, do que fai parte ADEGA, instou á Xerencia do Xacobeo a priorizar os valor histórico-cultural das rutas xacobeas fronte aos intereses privados do comercio e do turismo, no futuro Plan Director dos Camiños de Santiago.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal