Adega
INICIO Novas Verbo Xido e ADEGA denuncian o uso de herbicidas para "acondicionar" lugares en Cerdedo
Verbo Xido e ADEGA denuncian o uso de herbicidas para "acondicionar" lugares en Cerdedo PDF Imprimir Correo-e
Envia Verbo Xido e ADEGA denuncian o uso de herbicidas para "acondicionar"  lugares en Cerdedo a FaceBookEnvia Verbo Xido e ADEGA denuncian o uso de herbicidas para "acondicionar"  lugares en Cerdedo a Twitter

A Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes "Verbo Xido" e ADEGA reclaman ao Concello de Cerdedo que para vindeiras actuacións de limpeza, non se volvan a utilizar os tratamentos químicos para limpar as beiras dos camiños e, tal e como se fixo hai uns días, sexan substituidos por rozados mecánicos selectivos, que ademáis de ser inocuos, crean máis postos de traballo.

Estas malas práticas, ademáis de contribuir á contaminación química dos acuíferos e ao envelenamento do medio, son un factor engadido de risco de incendios pola cantidade de biomasa vexetal seca que se amorea. A práctica de evitar o crecemento da vexetación herbácea das cunetas mediante o uso masivo e indiscriminado de herbicidas, comporta máis efeitos negativos que positivos. Reclamamos o abandono destas práticas e a substitución por traballos de rozado mecánico, con recuperación da materia orgánica para a fabricación de “compost”.

As consecuencias da fumigación non poden ser más nefastas: os agroquímicos son arrastrados polas chuvias e contaminan os acuíferos, ademáis de afectar aos seres vivos pasando a formar parte das cadeas tróficas a través da inxesta de herba polos animais domésticos e chegar ao ser humano; mesmo, sabemos que o rociado das cunetas afectou nalgúns casos a hortas, sobrepasando os límites legalmente establecidos e ocasionando a protesta dalgún veciño. Así, especies vexetais e animais que non eran o obxectivo dunha fumigación mal chamada "selectiva", tamén se ven expostos a estas substancias.

Por outra banda, os métodos de rozado químico non supoñen unha maior seguridade contra os lumes, ben ao contrario: os restos fumigados e o mato murcho seguen sendo altamente combustibles, constituindo un importante risco para a extensión dos lumes que, ao producírense, incineran as prantas e espallan os compostos tóxicos dos herbicidas tamén no ar.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA