Adega
INICIO Novas O uso de herbicidas por NORFOR deteriora a biodiversidade e aumenta o risco de lumes
O uso de herbicidas por NORFOR deteriora a biodiversidade e aumenta o risco de lumes PDF Imprimir Correo-e
Envia O uso de herbicidas por NORFOR deteriora a biodiversidade e aumenta o risco de lumes a FaceBookEnvia O uso de herbicidas por NORFOR deteriora a biodiversidade e aumenta o risco de lumes a Twitter
norfor1.jpg29 de xuño de 2009. NORFOR, a filial forestal de ENCE,  está a aplicar cantiades masivas de herbicidas nas súas plantacións de eucalipto para eliminar o mato. A comunidade de montes de Rebordechán (Crecente, Pontevedra) vén de denunciar o uso de herbicidas nun monte de 25 Ha. Como consecuencia, o mato fica seco aumentando o risco de lumes. A isto hai que engadir o perigo de erosión (desníveis duns 600 m) e a contaminación dos acuíferos e mananciais. Precisamente a principios deste ano, NORFOR perdía o selo FSC (certificación forestal sustentábel) polas malas prácticas forestais, quer a aplicación de glifosato en parcelas certificadas. ADEGA pide ás comunidades de montes que denuncien os seus acordos oa papeleira se persisten no uso de herbicidas.

A aplicación de herbicidas é unha práctica común e "barata" en explotacións forestais de eucalipto e mesmo na "limpeza" das beiras das estradas. Mais o remedio é pior que a enfermidade: a cambio de aforrar uns euros, conquírese espallar unha persistente contaminación química polos montes e estradas do país. Ademáis, non se soluciona o problema do mato: a vexetación morta que permanece no monte e nas cunetas supón un importante risco para a extensión dos lumes. E ao queimarse, incinéranse as plantas que espallan os compostos tóxicos dos herbicidas tamén no ar. Tamén se deteriora a biodiversidade e se perxudica á caza, xa que o mato é substento e agocho de numerosas especies. Algúns tecores da zona de Vimianzo teñen referido a ADEGA unha inusual mortandade de coellos en zonas recentemente fumigadas.
norfor2.jpgO emprego de substancias como o glifosato da marca ROUNDUP coñecido vulgarmente como “Randón” ou "Rondón", composto por químicos persistentes no medio, comporta o risco de que estes poidan pasar á cadea alimentar através da inxesta de herba polos animais e chegar ao ser humano. Mesmo temos documentado casos nos que o mato fumigado se apaña para alimentar ao gando. Tamén, contamínanse os acuíferos e mananciais que son usados logo para a traída e o consumo en moitas vilas.
A utilización destes herbicidas, aínda que permitida pola lei, resulta perigosa e debería ser evitada, aínda máis polas administracións públicas. No entanto, a persistenza destas prácticas é un exemplo de desleixo, insustentabilidade e irresponsabilidade polo risco que conlevan, e amosa un feble compromiso coa saúde e o ambiente.
norfor3.jpgDende ADEGA solicitamos que cese este uso de herbicidas como tratamento para rozar o mato en montes e estradas, e a súa substitución por métodos de rozado mecánico que ademáis de ser inocuos, crian máis postos de traballo (agás para NORFOR).
Recomendamos ás comunidades de montes que denuncien os seus acordos con NORFOR, se a empresa persiste no uso destes métodos. Se se produce un lume nunha plantación de eucaliptos para pasta de papel, a quen vai beneficiar?
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA