Adega
INICIO Novas Exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" en Compostela
Exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" en Compostela PDF Imprimir Correo-e
Envia Exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" en Compostela a FaceBookEnvia Exposición "O lobo, unha carreira pola supervivencia" en Compostela a Twitter
expolobolugo.jpgInauguración 11 de febreiro ás 20h na sala de exposicións da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre (Vía Edison nº 1, Compostela). Logo do seu paso por varias vilas e cidades galegas, este martes 11 volta a Compostela a exposición que ADEGA, ERVA e a AAAGP (Asociación de Amizade das Artes Galego Portuguesa) adican ao lobo. A exposición pretende ser un alegato a prol da conservación do lobo e os seus hábitats e reúne a obra pictórica, literaria e audiovisual de máis de 60 artistas da plástica, a escrita e fotografía de Galiza e Portugal, solidarios/as coa defensa do lobo e o seu hábitat. Ficha tecnica EXPOLOBO.pdf FICHA TÉCNICA (60 KB)

lobopol2.jpgContidos:
- Paneis divulgativos sobre a situación do lobo en Galiza.
- Fotografías sobre a especie e o seu medio.
- Elementos relacionados coa bioloxía do lobo.
- Mostra bibliográfica.
- Documental sobre o lobo rodado en liberdade.
- Elementos que evidencian a presenza do lobo na cultura.
lobopol1.jpgLugar e data: Sala de exposicións da Asociacións de Empresarios do Polígono do Tambre, en Compostela (Polígono do Tambre, Vía Edison nº 1). Apertura o xoves 11 de febreiro ás 20h. estará aberta até mediados de maio.
Horarios: de luns a venres de 9 a 14h e de 16 a 20h. Fin de semana pechado.
logoaaagp.jpglogoerva.jpg
Máis información, Xosé L. Salvadores, coord. da mostra e vogal de biodiversidade de ADEGA. Tel.: 659 683384; 981 570099
Promoven:
Concellería de Cultura e Centros Culturais, concello de Santiago
Concellería de Medio Ambiente, concello de Santiago
compostelaviva.jpg
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA